Casos etnográficos


Diversidade sexual e transcultural

Esta proposta didáctica pretende amosar un percorrido comparativo a través de diferentes modelos sociosexuais, coa fin de demostrar que os sistemas sexo/xénero non son froito da “natureza sexual” dos seres humanos, senón que son produtos históricos e culturais, pois existen diferentes culturas sexuais, enmarcadas en outras cosmovisións etnofilosóficas, outras “culturas sexuais”. Partimos da proposta tipolóxica que ofrece a autora Anne Bolin, no libro de Gilbert Herdt (1988), “Formas trasculturais de homosexualidade e o concepto gay”, coa fin de abranguer todas as formas de diversidade sexual existentes en diferentes culturas.

Deste xeito observamos distintos tipos de sociedade:

CON XÉNEROS MÚLTIPLES | MATRICÉNTRICAS | CON RITUAIS DE XÉNERO CRUZADOS

INTERSEXUAIS | OUTRAS SOCIEDADES

banner_nazka_medio2

<< Anterior

Estudos clásicos

Seguinte >>

Actividades e debates