Equipo de investigación
Águeda Gómez Suárez
Doutora en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid e profesora titular de Socioloxía na Universidade de Vigo. Desenvolve unha intensa labor de investigación en temas relacionados cos sistemas sexo/xénero, a etnicidade e a prostitución, que se reflicten nos numerosos libros e artigos que publicou.
Marinella Miano Borusso †
Doutora en Antropoloxía Social pola Escuela Nacional de Antropología e Historia de México (ENAH), e licenciada pola Universitá degli Studi di Roma “La Sapienza”, en Roma, investigou nos ámbitos da antropología de xénero, etnografía, estudos sobre sexualidade e cultura, entre outros, que se traduciron en múltiples publicacións.
Silvia Pérez Freire
Licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña, exerceu de profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo. Dende 2003 traballa como socióloga e investigadora social en ONG vinculadas á reivindicación dos dereitos humanos das mulleres e como consultora científica en varias universidades españolas, empresas sociais e administracións públicas. Publicou sobre a violencia de xénero e a trata de persoas.
Xaime Fandiño Alonso
Doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciado en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid. Profesor Titular de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e, actualmente, na USC. Traballa en investigación sobre popular música, publicidade, culturas urbanas e prostitución, entre outros temas.
Rosa María Verdugo Matés
Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. É docente dende 1992 na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente é profesora contratada doutora no departamento de Economía Aplicada. As súas investigacións están centradas nas migracións e as súas últimas publicacións abordan o impacto nas economías receptoras das remesas enviadas dende España, a actividade feminina na Galicia de mediados do século XIX e os fluxos migratorios entre Europa e África occidental.
Alejandro Nuricumbo Linares
Doutor pola Universidade de Vigo e Enxeñeiro Agrónomo polo Instituto Tecnológico de Comitancillo (México), realiza investigacións no eido da etnicidade e a soberanía alimentaria, xénero e etnicidade e prostitución. Manexo de diferentes soportes audiovisuais.