CON XÉNEROS MÚLTIPLES | MATRICÉNTRICAS | CON RITUAIS DE XÉNERO CRUZADOS

INTERSEXUAIS | OUTRAS


Sociedades Matricéntricas

Se a literatura etnográfica conclúe que o poder económico, social e político das mulleres en certas sociedades explicaba a súa igualdade respecto ao home, autores como Burton (en Beltrán, 2001) consideran, ademáis, que non é a división sexual do traballo senón a “ideoloxía cultural de xénero” quen determina se unha sociedade é máis ou menos simétrica respecto as relacions de xénero (Sacks, 1979; Burton, 1985; en Beltrán et al, 2001:49) .

A antropóloga Peggy Reevers Sanday (1981), considera que toda sociedade elabora unhas “pautas simbólicas” para guiar o comportamento e facelo previsible, moitas veces derivado de antigos conceptos de poder sagrado que se reflicten na orden secular. Esta autora elabora unha tipoloxía para clasificar as distintas sociedades: sociedades de orientación interna, onde as forzas da natureza son sacralizadas e as mulleres as controlan e manipulan; e sociedades de orientación externa, onde o poder é exterior á propia sociedade: caza, guerra, migracións forzadas, fames, escaseza de recursos, etc, e por iso predomina o poder masculino.

Esta autora afirma que as sociedades onde o medio natural é fértil, xeneroso e amable; onde existe unha baixa división do traballo sexual; onde a muller é autónoma economicamente; onde o parentesco é de carácter matrilineal; onde a organización social se rexe por lóxicas cooperativas, igualitarias e pacíficas e onde ademáis, tanto a sexualidade como a maternidade son moi valoradas –por exemplo, é máis importante ser nai que ser esposa-, o papel da nai é central na sociedade, polo que adoitan posuír relatos sobre a creación cun simbolismo de orixe feminino, son lugares onde a muller posúe un significativo dominio.

En torno ás sociedades nas que existe certa igualdade de xénero, a antropoloxía suliñou lugares tales como o antigo Dahomey, entre os ibo de Nixeria, entre os kung do deserto do Kalahari e entre os ashanti de África, en zonas de Bali e entre os semang da península malaia e entre os lepcha dos Himalaias; entre os inuit norteamericanos e en algúns pobos da Amazonía americana, entre outros.

Na actualidade mantéñense supostos matriarcados entre os bijagó de Guinea Bissau (Ver vídeo), entre os nagovisi da illa de Bouganville frente a Papúa Nova Guinea; entre os minangkabau no oeste de Sumatra en Indonesia; os mosuo, no estado de Yunann de China (Ver vídeo); os khasi, garos e jaintias que habitan no estado de Menghalaya ao norte da India; os machiguenga de Perú ou os zapoteca (Ver vídeo) do Istmo de Tehuantepec en México (Ortner 1979, Heritier 2002, Moore 1991, Mérida 2002).

Zapotecas (México).

Un casos máis significativos existentes na actualidade é a sociedade zapoteca ubicada no Istmo de Tehuantepec de México. A familia matricéntrica estrutura a organización social zapoteca, cuxo referente medular é a “nai”. A muller adícase ao comercio, polo que resulta a provedora principal do fogar e a que xestiona os ingresos íntegros da familia, ademáis de encargase da transmisión e reprodución da tradición cultural da comunidade. A vivenda familiar é da súa propiedade e en caso de separación, ela quedarase con ela, xunto coa súa prole. A muller é quen ocupa o espazo principal nas numerosas festas tradicionais, bebendo e bailando. A sociedade réxese por lóxicas económicas baseadas na redistribución e a reciprocidade, e o prestixio e reputación social descansa no que “máis dá” (reparte) e non no que “máis ten” (acumula). Ver galería de fotos.

Kunas (Panamá).

Entre o pobo kuna do Arquipélago de Kuna Yala en Panamá, habitado por 80.000 poboadores da etnia kuna, as mulleres son as que herdan as terras da súa familia e ocúpanse de manter, organizar e protexer a todos os seus membros. Exercen de “cabezas de familia”: “…elas, as nais, son como a terra: protéxenos, coídanos, conservan o pobo e a súa tradición” (Zurita, 2013). Os kunas son matrilocais e a liñaxe familiar a marca a liñaxe da nai; o divorcio non é común pero cando ocorre é o marido quen debe saír da casa.  No propio Congreso Kuna, aínda que son maioría os políticos homes, nunca toman unha decisión sen a conformidade das mulleres.

<< Anterior

Xéneros múltiples

Seguinte >>

Xénero cruzados