O proxecto


A miúdo plantéxase a cuestión sobre se os roles de xénero e as identidades sexuais son realidades transculturais ou mudan en cada sociedade e en cada momento histórico. En todas as sociedades existe “dominación masculina”? Ou existen pobos onde prevalece unha maior equidade entre homes e mulleres? E sociedades que se organizan en torno a máis de dous xéneros, fracturando o clásico esquema binario “home-muller”?

Aínda que existen estudos que consideran a existencia de “matriarcados” modernos, o que si se demostrou é que persisten sociedades onde prevalece unha orde sociosexual con maior equidade entre os homes e as mulleres. Algúns de estes pobos son os Nagovisi da illa de Bouganville, frente a Papúa Nova Guinea, os Minangkabau no oeste de Sumatra, os khasi da India, os Mosuo de China, os bijagós de Guinea Bissau e os zapotecas do Istmo de Tehuantepec, en México.

Por outra banda, tamén prevalecen pobos onde se concibe a existencia de máis de dous xéneros, as chamadas “sociedades de xéneros múltiples”, coma os Ciukci siberianos, que contemplan a existencia de sete xéneros: masculino, feminino, tres xéneros ulteriores para os bioloxicamente varóns e outros dous para as femias biolóxicas; tamén os Buguis de Indonesia (os habitantes do sur de Sulawesi, nas Illas Célebes) que identifican tres sexos: masculino, feminino e intersexo) e cinco xéneros: Makkurani (mulleres), Oroane (homes), Calabai (físicamente son homes pero asumen o rol feminino), os Calalai (fisicamente mulleres pero asumen o rol masculino) e os Bissu (que poden ser tanto homes coma mulleres, asumen todos os roles, son o compendio de todos eles e a súa función é de carácter espiritual. Respecto á existencia de terceiros xéneros, coñécense os hijras na India hinduista que son considerados unha categoría intermedia entre o home e a muller; os mahu na Polinesa e Australia, os fa´afafine de Samoa, os xanith de Oman, os muxes do Istmo de Tehuantepec e os nawikis da Serra Tarahumara en México, son mostras da existencia de sociedades que conciben outras ordes sociosexuais que transcenden o imperativo binario e que contemplan a pluralidade de sexos e xéneros.

O sistema sexo/xénero dunha sociedade non obedece a unha orde “natural” dada, senón que é un “produto sociocultural” e, polo iso, é temporal e cambiante.

Parecera que a dominación masculina e o modelo heterocrático son universais culturais (aínda que non está comprobado totalmente), o grao e a intensidade dos mesmos varían nas diferentes culturas, producindo, en algúns casos, unha especie de “mundo ao revés” do que estamos acostumados a coñecer.

Os sistemas sexo/xénero son deseños culturais de carácter arbitrario, que responden a relacións históricas e sociais, de poder e de control social, que non derivan unicamente da “natureza” sexual dos seres humanos.

 


1- Alain Dugrand, “Belice”, Fondo de Cultura Económica, México, 1998. En Francesca gargallo, op. Cit, p, 18