CON XÉNEROS MÚLTIPLES | MATRICÉNTRICAS | CON RITUAIS DE XÉNERO CRUZADOS

INTERSEXUAIS | OUTRAS


Outros casos

A través de diferentes coordenadas culturais, compréndese e concíbense as “transgresións de xénero” que se insertan no interior dunha sociedade, transgredindo a polaridade xenérica masculino/feminino e que dá conta da extrema variabilidade humana na construción do xénero. En efecto, como afirma o antropólogo Marvin Harris, a poligamia existe no 90% das culturas: un exemplo claro atopámolo na sociedade otomí ou hñahñú de Capula, comunidade do estado de Hidalgo, onde se desenvolven prácticas de poligamia masculina (Cabral, Flores, 2006); en moitos pobos de África e entre os árabes de alto rango esta institucionalizado ou matrimonio plural, se ben é certo que a poliandría está presente e moi poucos pobos do mundo, así entre os nyinbas e os treba tibetanos, entre os nayar do sur da India, entre os rarámuris mexicanos e entre os bijagós de Guinea Bissau.

Entre os chinantecos de San Lucas Ojitlán na rexión do Papaloapan, nos anos 70, tal e como o relata o antropólogo Miguel Bartolomé, en Semana Santa, durante a representación da “Última Cea” os doce apóstolos eran os homosexuais ou dzá büa máis destacados do lugar, todos eles persoas moi respectadas (Bartolomé, 2007, en Gómez, 2012). Ademáis, semella que as persoas facían o amor a primeira vez no altar de la igrexa, coa fin de ser bendecidos e ter fertilidade. Tamén, segundo a investigadora Patricia Ponce, perto da comunidade de Zongolica, no estado de Veracruz, existe a tradición de vestir aos rapaces como se foran rapazas, coa fin de “despistar” aos espíritos malignos. Na comunidade indíxena yaqui “Sarmiento”, (Hermosillo, México), -frente a tradición patriarcal yaqui-, as mulleres son as únicas habitantes e propietarias do lugar e son as que ostentan todo o poder (Gómez, 2009). Asimismo, na sociedade mestiza mexicana atópanse certas peculiaridades sexo/xenéricas significativas: no norte de México, o sexo entre varóns non significa que estes asumen unha identidade homosexual; no sur de México, a figura do mayate (home “activo” sexualmente que se relaciona intimamente con un home afeminado), define ao varón activo na relación homoerótica. En ambos os casos, estes homes presumen da súa hombría e non se consideran homosexuais ou bisexuais (Nuñez, 2007, en Gómez, 2012).

Por outra banda, existen moitos lugares onde se concibe a concepción, fecundación e formación intrauterina da vida, a partir da aportación do seme de diferentes homes, polo que a muller embarazada debe ter relación sexuais con moitos varóns para que o seu futuro bebé naza forte e san; así ocorre entre os barís de Venezuela, os dogóns de Malí, os huaorani da Amazonía e entre algún pobo de Mozambique.

Entre os mosuo de China non existe a institución do matrimonio como tal senón os chamados “matrimonios andantes”, relacións temporais entre homes e mulleres, onde esta última decide con quen, cando, ata cando e onde inicia e desenvolve o contacto, e os fillos pertencen só a familia da nai.

<< Anterior

Intersexuais

Seguinte >>

Actividades e debates