Créditos


INTRODUCIÓN | METODOLOXÍA | MARCO TEÓRICO | PANEIS | CRÉDITOS

FOTOGRAFÍAS

Agueda Gómez Suárez: Doutora en Socioloxía. Profesora de socioloxía na Universidade de Vigo desde o ano 1998. Investigadora sobre temática do sistema sexo/xénero e as mobilizacións políticas étnicas en grupos indíxenas de América Latina e África. Publicou varios libros e artigos.

Alejandro Nuricumbo Linares: nacido en 1969 en Juchitán (Oaxaca-México). Enxeñeiro Agrónomo Fitotecnista. Fotógrafo autodidacta. Exposicións: ‘O meu mundo a miña terra’. Oaxaca (2001); ‘Unha mirada, un instante, un recordo’. Juchitán (2003); ‘Tradición e vida en Juchitán’. Juchitán. (2002); ‘Exposición colectiva de fotógrafos juchitecos’. Juchitán (2002); ‘Matriarcados zapotecas’. Santiago de Compostela (2005); Ourense (2006).

Ruth Beltrán Muñoz: nada no ano 1984 en Tui (Pontevedra), ten formación fotográfica no Ciclo Superior de Formación Profesional en “Fotografía Artística” no E. ART. Antón Failde de Ourense. Realizou diversas exposicións no territorio galego.

PRODUCIÓN E DESEÑO GRÁFICO

Ricardo Spencer Hartman: Xornalista. Director da produtora de audiovisuais SFX. Técnico en efectos especiais. Profesor da Escola de Imaxe e Son de Vigo. Profesor dos cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

 

OS PANEIS DESTA EXPOSICIÓN ESTÁN AO DISPOR DAS PERSOAS INTERESADAS: CONTACTO