CON XÉNEROS MÚLTIPLES | MATRICÉNTRICAS | CON RITUAIS DE XÉNERO CRUZADOS

INTERSEXUAIS | OUTRAS


Sociedades con xéneros múltiples

Existen sociedades con xéneros múltiples que rachan co modelo binario e co dimorfismo biolóxico. Sociedades tales coma os buguis de Indonesia (Illas Célebes) onde recoñecen cinco identidades sexo/xenéricas: home (oroané), muller (makkunrai), home que actúa como muller (calabai), muller que actúa como home (calalai) e identidades mixtas e non permanentes (bissu). Tamén entre os Ciukci siberianos recoñécense sete xéneros: masculino, feminino, tres xéneros ulteriores para os biolóxicamente varóns e outros dous para as femias biolóxicas (Cucchiari, en Cosentino, 2013).

O máis frecuente é a existencia de lugares onde se identifica un terceiro xénero. Pódese afirmar que nalgunhas  civilizacións de América do Norte no pasado existían sociedades con xéneros múltiples. Patricia Alberts e Evelyn Blacwood (López, 2005) descubriron que entre os indios Crow había chamáns varóns que vestían de mulleres e adicábanse a conceder favores sexuais aos guerreiros. Algo similar detectouse nas culturas mohave, zuni, hopo, navajo, yuman, crow, yokut, papago, cheyene, winnwbago, omaha, ojibwa, cocopa, apache, miami, yorok e piegan de Norteamérica (Webster e Newton, en Miano, 2002:192). Ver vídeo.

Na actualidade existen terceiros xéneros tales como:

Os hijras e sanhis (India).

Os mahu (Polinesia).

Os nawikis entre os rarámuris da Serra Tarahumara (México).

Na serra Tarahumara habitan os rarámuris, un pobo cunha gran flexibilidade nas súas relación sexuais e afectivas: existen familias polígamas e polixínicas, algo aceptado socialmente e nas festas grandes, as chamadas “teswinidas”, é típico o intercambio e bens e de parellas entre eles. Recoñecen un terceiro xénero, os denominados nawikis, renekes, ropekes, poechis, rope, puchicachi, bizicachi, rekes ou “osexuales”, e son persoas que se identifican co rol social do sexo oposto, que desenvolven actividades tradicionalmente vinculadas ao mundo masculino e ao mundo feminino, e ademáis, orientan a súa sexualidade cara os vínculos homoeróticos. Responden á categoría dos denominados “terceiros xéneros”. Poden existir nawikis de “mes a mes”, isto é, que a súa identidade de xénero varía en función dos ciclos lunares, que ademáis tamén regulan os ciclos menstruais das mulleres. Algunhas nawkis bioloxicamente femininas viven en parella con outra muller, unións estables que perduran no tempo de forma considerable. Ver galería de fotos.

Os muxes e nguiu´s do Istmo de Tehuantepec (México).

Entre os zapotecas do Istmo de Tehuantepec en México recoñécese un “terceiro xénero”: os muxes´quen se autodefinen como “..nin home nin muller, senón todo o contrario” ou “…unha alma feminina nun corpo de varón”, non se despoxan da súa identidade masculina mais, paralelamente, asúmen a súa identidade feminina, realidade que consideran adquirida no “nacemento”, subliñando o carácter presocial da súa condición. O seu rol consiste en “saber como ser home e muller á vez, e tamén ser o mellor home e a mellor muller” (Miano, 2002). O rol social dos muxes vincúlase coas tarefas propiamente femininas na tradición zapoteca: bordado, adorno de festas, estética, cerámica, plisado de olanes, tocado de tranzas, comerciantes, etc. O muxe máis valorado socialmente é o que “traballa para axudar a súa familia e á sociedade”. O seu erotismo concrétase en relación con outros homes “de verdade” (autodefinidos como heterosexuais) os chamados “mayates”. As nguiu´ son as persoas Biolóxicamente femias que se identifican co rol e a identidade de xénero masculina e desenvolve a súa sexualidade con mulleres.; a súa identidade social non é tan aceptada como as dos muxes. Ver galería de fotos.

As wigunduguid, chamados despectivamente omeguid, entre os kunas (Panamá).

Os kunas posúen unha cultura oral, matricial e comunitaria; na súa cosmogonía, a natureza maniféstase en dous espíritos, o do paba e o do nana. Cada unha delas habita nos corpos Kuna. Os corpos dos Omeguid ou as Wigunduguid, teñen unha identidade espiritual de carácter binario, por tanto, as almas poden devir en tres experiencias diferentes de habitar un corpo e os procesos afectivos: Varón Kuna; Muller Kuna e Omeguid. Cando un núcleo de crianza percibe que un neno expresa nas súas prácticas as emocións típicas dun alma Omeguid, toda a familia estimula e protexe esas formas. Este privilexio está directamente relacionado coas significacións culturais que recibe a femenidade entre os Kuna. Sendo unha sociedade matricial ancestral, a feminidade, o feminino e as prácticas relacionadas coas mulleres son experiencias propias do divino e das deidades; daí que coma experiencia espiritual as familias, fundamentalmente as nais, celebren e protexan aos seus fillos omeguid. As Omeguid, ademáis, cumpren unha función social moi importante na súa cultura: a de acompañar a intimidade dos xóvenes – varóns e mulleres – nos procesos afectivos que cara á vida adulta.

Os xanith (Omán).

Os paleiros (Illa de Timor).

 

A identidade de xénero é anterior (nenez) e/ou independente da conducta sexual, aínda que en certos casos, elíxese unha parella do mesmo sexo biolóxico. Esta terceira categoría de xénero implica “moito máis que unha simple preferencia erótica ou un comportamento sexual” (Grémaux, en Cosentino, 2013). O terceiro xénero constitúe un xénero separado, autónomo e recoñecido socialmente, que resulta da ruptura co modelo binario e co dimorfismo biolóxico.


TRADICIÓN DOUS ESPÍRITOS

Sociedade/cultura: Navajo, mohave, zuni, hopi, navajo, yuman, crow, yokut, papago, cheyene, winnwbago, omaha, oijbwa, cocopa, apache, miami, yorok, piegan, lakota e pes negros.

Termos utilizados: Nadle (verdadeiro e falso), two spirits, berdache, winkte, ninauposkitzipxpe (mulleres con corazón de varón), respectivamente

TERCEIROS XÉNEROS

Sociedade/cultura: Zapotecas istmeños, rarámuris, India, Polinesia, Samoa, Omán. Tailandia, Filipinas, cultura maale (Etiopía), Kenia, cultura mbo (Congo), kunas (Panamá)

Termos utilizados: Muxe, nguiu´, nawikis, hijras, mahu, fa´affafine, xanith, kathothoeybakla, bayot, agi, bantut, binabae, bading, lakin-on, tomboy, ashtime, mashoga, mangaiko, omeguid, respectivamente.

SOCIEDADES DE XÉNEROS MÚLTIPLES

Sociedade/cultura:  Buguis (illas Célebes-Indonesia), Ciukci siberianos (Siberia).

Home (oroané), muller (makkunrai), home que actúa coma muller (calabai), muller que actúa como home (calalai) e identidades mixtas e non permanentes (bissu); Sete xéneros: masculino, feminino, tres xéneros ulteriores para os bioloxicamente varóns e outros dous para as femias biolóxicas.

<< Anterior

Casos etnográficos

Seguinte >>

Matricéntricas