CON XÉNEROS MÚLTIPLES | MATRICÉNTRICAS | CON RITUAIS DE XÉNERO CRUZADOS

INTERSEXUAIS | OUTRAS


Sociedades intersexuais. Xéneros hermafroditas

Esta tipoloxía, tal e como a describe Bolin (en Nieto, 2003), refírese a condición conxénita de ambigüidade das estructuras xenitais reproductivas de forma tal que o sexo do individuo non esta claramente definido de xeito exclusivo como varón ou como muller.

hermafroditasEntre os navajos, o estatus de hermafrodita esta moi valorado e ademáis consideran que existen tres sexos entre eles: home, muller e nadle, e tres estatus de xénero: nadle verdadeiro, nadle falso home ou nadle falso muller (non hermafroditas) que realizan tarefas de home ou muller, teñen relacións con ambos mais nunca con outros nadle e onde a homosexualidade non se acepta.

Entre os pokot de Kenia existe unha categoría similar denominada sererr, que non goza dun estatus alto.

Tamén, algúns hijras da India poden formarse por individuos transxénero mais tamén por varóns hermafroditas impotentes que se someten a unha castración (emasculación quirúrxica ritualizada pola que extirpan os xenitais).

En Santo Domingo existe o guevedoce, individuos xenitalmente ambiguos, ao igual que os kwolu-aatmwol de Sambia ou os trnim-man do pobo pidgin neomelanesio (Bolin, en Nieto, 2003).

<< Anterior

Xénero cruzados

Seguinte >>

Outros  casos